BOIRO> A vitoria de onte en Barraña ante o Ordes, por dous goles a un, deixa ós boirenses na terceira praza na clasificación Tarde histórica a vivida onte en Barraña, na que o Club Deportivo Boiro, por primeira vez na súa historia se meterá na pelexa polo ascenso a Segunda B. Farao ademais pola porta grande, acabando na terceira praza do campionato regular, despois dunha tempada espectacular, pero que aínda pode mellorarse. No partido de onte os de Gelucho saíron dende un primeiro momento moi concentrados sabendo da importancia da vitoria. Os vinte minutos xa gañaban un a cero, graza sa un tanto de Anxo. E Rubén Márquez antes do descanso facíao dou sa cero. No inicio do segundo tempo o Ordes, nun fallo da defensa local, conseguiría recurtar por mediación de Vía. od ous au n no electrónico provocou un certo nerviosismo nos xogadores locais e tamén na grada, aínda que ó final o oficio dos xogadores boirenses como Padín, Tachi ou Cardeñosa serviulles para non pasar apuros.
Inicio Deportes