RIBEIRA> O torneo Internacional de fútbol base Congalsa para categorías benxamín e alevín cambia este ano de emprazamento.
Disputarase os días 20 e 21 de maio en Ribeira, no estadio da Fieiteira.
Como en edicións anteriores os beneficios que se obteñan no torneo irán a parar á Fundación Aladina, que traballa no coidado de nenos con cancro.
Julio Mariño, organizador e principal valedor do evento, traballa xa dende hai bastantes meses no deseño da que será a sexta edición desta campionato na que volverán a participar clubs de renome de todo o ámbito nacional, e incluso algún equipo de fóra das nosas fronteiras.
A firma Congalsa convértese no principal patrocinador do torneo, e xunto co propio concello de Ribeira, dará nome ó evento.
A celebración do campionato, un dos de maior prestixio dos que se celebran na zona, será posible tamén grazas as achegas que realizan ó redor dunhas cen empresas e entidades colaboradoras, entre elas figura tamén o empresario Ramiro Carregal, que a título persoal decidiu apoiar o torneo.
Sen a axuda de todos eles, como din dende a organización, a súa celebración sería practicamente imposible.