Piden 13 anos para a ribeirense que botou ó seu fillo nun contedor

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/12/xuizonairibeira1205141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/12/xuizonairibeira120514.mp4{/flowplayer}

    RIBEIRA> A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Galicia, con sede en Santiago, acollerá a partir de mañá o xuízo. Mañá, martes 13, comeza o xuízo contra unha veciña de Ribeira, acusada de tirar en decembro de 2012 ó seu fillo recén nacido nun contedor de lixo. O corpo sen vida do rapaciño achouse no vertedoiro de Cerceda, tras executarse un despregue do Corpo Nacional de Policía que xa examinara numerosos contedores do municipio. Saltaron as alarmas despois de que a muller acudise ó ambulatorio por unha indisposición e o doutor se decatase, ca revisión médica, de que a paciente acababa de dar a luz. Acusada de asasinato, o fiscal pide para a veciña de Fondevila trece anos de prisión e será un xulgado popular o que determine se é culpable.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí