Economato ‘Solvencia’, un proxecto que nace da ilusión de axudar

PONTEVEDRA> Solvencia é o nome dun economato que está a piques de abrir as súas portas en Pontevedra. A iniciativa nace para axudar ás persoas que están a pasar por problemas económicos, e busca ofrecer produtos de primeira necesidade que sexan entre un 20 e un 40% máis baratos que nas tendas convencionais. En Canal Rías Baixas falamos coa súa presidenta, Soledad Vence.

 

Hai xa cinco anos que Soledad comezou a dar voltas a un proxecto.

Co apoio do seu entorno, Soledad lanzouse a facer un curso no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Pontevedra.

Aquí están. Ultimando os detalles do economato “Solvencia” no barrio pontevedrés de Monteporreiro, unha iniciativa que nace da súa ilusión e da axuda privada.

Aínda que moi novo, “Solvencia” é un proxecto ambicioso. Soledad e o seu equipo queren que o economato axude a xente de Pontevedra e de fóra da cidade, e que medre para cubrir, polo menos, unha parte das necesidades dos que peor o pasan.

Dende os seus estantes, a asociación porá a disposición destas familias produtos de primeira necesidade, tanto perecedoiros como frescos. Pero tamén busca axudar noutros eidos.

A asociación, con Soledad á cabeza, quere abrir o economato a finais deste mes. Será entón cando, despois de cinco anos, Solvencia sexa por fin unha realidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/13/entrevista_asociacion_solvencia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/13/entrevista_asociacion_solvencia.mp4{/flowplayer}