O edil de Moraña pedirá desculpas

PONTEVEDRA> O Partido Popular xa se pronunciou ante esta polémica. A nivel galego, Alberto Núñez Feijóo pediu desculpas como presidente do partido e agarda que o edil de Moraña faga o propio por estes comentarios que, asegurou, non son admisibles. A nivel provincial, os populares xa anunciaron que Jorge Caldas pedirá desculpas publicamente e á propia presidenta, e pecharon filas ao seu redor.

Jorge Caldas pedirá desculpas publicamente e á propia presidenta polo seu comentario nas redes sociais. Así o anunciaron hoxe os populares pontevedreses.

O Partido Popular de Pontevedra considera desproporcionado pedir a dimisión, e pechan filas ao redor do seu edil. Tamén acusan a PSOE e BNG de facer demagoxia.

Segundo os populares, é esta ruptura coa cidadanía a que preocupa á súa formación. Non a institucional e política anunciada polo secretario xeral dos socialistas co Partido Popular.

A alcaldesa de Moraña tamén se referiu ao seu suposto “gústame” no comentario de Jorge Caldas. María Luisa Piñeiro non recorda telo feito, e asegura que non é unha usuaria activa das redes sociais.

 Aínda que non xustificou o comentario de Caldas, Piñeiro atribuíuno á rabia e a impotencia do edil durante o pleno no que se debateu sobre a falta de axudas económicas ao rally Rías Baixas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/03/resposta_pp.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/03/resposta_pp.mp4{/flowplayer}