Galicia repite como comunidade líder en número de bandeiras azuis

GALICIA> Galicia volve situarse á cabeza de España no número de bandeiras azuis cun total de cento vinte e tres distincións. O municipio con mais bandeiras segue a ser Sanxenxo, con catorce praias. Así mesmo, únese aos concellos galardoados o municipio pontevedrés de Redondela. Por outra parte, o Concello de Cangas do Morrazo mantense como un dos municipios con máis areais xa que aos sete que tiña o ano pasado, engade tres máis: Arneles, Francón e Areacova; seguido de Vigo. O Concello de Bueu obtén unha nova bandeira para a praia de Lapamán. Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis galardóns deste tipo obtén este ano, mentres que na provincia de Lugo son Barreiros e Foz os concellos máis premiados