Constituída a nova Xunta de Goberno da Deputación da Coruña

A CORUÑA> A sede da Deputación da Coruña acolleu esta mañá a reunión constitutiva da Xunta de Goberno que estará presidida por Valentín González Formoso, e que serviu para analizar e pór en común a situación actual da institución provincial e coordinar as primeiras iniciativas do novo goberno. A dita Xunta estará formada por un total de 11 deputados e deputadas provinciais, 6 de PSdeG-PSOE e 5 do BNG, e reunirase dúas veces ao mes. Ademáis do presidente e a vicepresidenta da Deputación, integran este órgano os deputados do PSdeG-PSOE Julio Sacristán, José Manuel Pequeño, José García Liñares, José Luis García e Antonio Leira e os deputados/as do BNG Xosé Regueira, Ánxela Franco, Manuel Muiño, e Xesús Manuel Soto. O presidente e a vicepresidenta da institución provincial aproveitaron tamén a mañá para visitar os distintos departamentos de Alférez Provisional para presentarse, saudar ós funcionarios e recoller as súas principais demandas.