GALICIA> A Xunta mantén o confinamento nocturno entre as 11 da noite e as 6 da madrugada.
Deste xeito, o goberno galego mantén as restricións no horario decretado polo goberno central con carácter central, pero que cada comunidade autónoma podía adaptar, adiantando ou atrasando o seu inicio. A decisión de manter este horario vén avalada polo comité clínico de Sanidade, que analizaba a medida dende onte.
O toque de queda entre as 11 e as 6 afecta por igual a todo o territorio galego, tanto ás cidades como ó rural, que era unha das opcións que barallaba onte a Xunta.
Entre esas horas si se poderá saír da casa para certas excepcións, como por exemplo mercar medicamentos, motivos laborais ou a volta ó lugar de residencia habitual logo de facer algunha das actividades permitidas.
O Conselleiro de Sanidade facía hoxe un chamamento á cidadanía a cumpri-las medidas e a tomar en serio as restricións.