Finalizada a remodelación do porto de Palmeira

    RIBEIRA> Esta semana concluíron as obras de pavimentación da explanada portuaria de Palmeira; unha das actuacións incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación (POS). Os traballos de pavimentación foron efectuados pola empresa Construcciones Anspal, S.L.. O seu orzamento ascendeu 93.077,82 euros. A zona portuaria de Palmeira é un dos lugares máis transitados da localidade. O seu anterior pavimento asfáltico, bastante deteriorado, foi substituído por adoquín de formigón prefabricado en tonalidades gris e verde semellantes aos que se atopan en rúas colindantes. A superficie onde se levou a cabo a actuación é de 1.750 metros cadrados.