O panorama político de Pontecesures, dos máis complicados de Galicia

Se hai un concello onde a correlación de forzas políticas está igualada logo das municipais, ese é Pontecesures. Cun censo de pouco máis de 2.500 persoas e 11 edís para escoller, ata cinco partidos acadaron representantes. E iso dificulta as negociacións.

Pontecesures é un concello especial para isto da política. Dos cinco partidos que acadaron asentos na corporación, o que máis ten é o Partido Popular, con 3. Os outros catro grupos obtiveron candaseus 2 edís. A perda da metade dos concelleiros por parte do BNG, que non dixeriu ben a retirada de Luís Álvarez Angueira, engade unha dose máis de dificultade á hora de negociar. A estas alturas, cando restan dez días para que se constitúa a nova corporación, todo é unha incógnita. Para reeditar o tripartito entre BNG, PSOE e Terra Galega, este último reclama que o reparto de forzas varíe, ante o seu incremento de escanos e o descenso dos nacionalistas.
Mentres, o candidato máis votado, Manuel Vidal Seaje, mantense expectante e move os seus fíos con encontros para tentar un acordo de centro-dereita. Para iso, xa contactou de xeito informal cos independentes e co propio TEGA. Se ningunha das variantes sumasen 6 apoios, gobernaría Seaje, aínda que cunha incomodísima minoría.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/situacion_pontecesures.mp4{/flowplayer}