RIBEIRA> As brigadas de xardineiros municipais traballan na plantación de flores de temporada no núcleo urbano e nas distintas parroquias do municipio ribeirense. En total, está previsto que planten tres mil exemplares co obxecto de engalanar os distintos espazos públicos do municipio. Os labores comezaron este xoves na praza do Concello para continuar os vindeiros días noutros lugares de Santa Uxía como as rotondas da Serea, Amas de Casa, Estación de Autobuses e o León de Padín. Máis tarde farán o propio no resto de parroquias.
Inicio Barbanza - Muros - Noia