Xosé Blanco e Patxi López presiden un xantar en Boiro

    BOIRO> Socialistas da comarca reuníronse no restaurante Don Paquito de Boiro.

    Arredor de cincuenta persoas vinculadas cos socialistas do Barbanza gozaron dun xantar na vila de Boiro, presidido polo candidato ás europeas Xosé Blanco e polo secretario xeral dos socialistas vascos, Patxi López. Este encontro enmárcase nunhas datas importantes, a poucos días dunhas eleccións europeas nas que o país se xoga moito, segundo as palabras de ambos. Fixeron un chamamento a todos aqueles descontentos cas políticas impostas pola dereita a apostar polo PSOE. López criticou tamén que a dereita europea invista máis cartos en rescatar ós bancos que en fomentar, por exemplo, plans de emprego para xoves. Buscan un cambio de rumbo. Pola súa parte, Xosé Blanco incidiu na importancia de defender o noso, os nosos produtos. Asegurou que as actuais políticas europeas están prexudicando ó Mexillón de Galicia co cambio de etiquetaxe, algo que non se pode permitir. Coincidindo ca cita, Patxi López e Xosé Blanco valoraron positivamente a dimisión das dúas concelleiras socialistas a raíz dos inapropiados comentarios sobre o crime da presidenta da Deputación de León.