Os museos de Pontevedra sacan as súas pezas á rúa

PONTEVEDRA> Os Museos de Pontevedra sacan á rúa algunhas das súas pezas máis representativas. Esta é unha das propostas que o concello prepara para celebrar o Día Internacional dos Museos do vindeiro día 18, unha efeméride que Pontevedra conmemorará cun programa que arrancou hoxe mesmo.

 

Esta mañá, todo aquel que pasara por diante do concello, atopábase unha maqueta do castelo arcebispal de Pontevedra. Deste xeito, o goberno local quixo arrancar o programa para conmemorar o Día Internacional dos Museos na cidade.

A estrela desta edición é o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. O CITA, que a finais de 2013 cumpriu tres anos e máis de 16 mil visitantes, celebrará varias xornadas de portas abertas, coa intención de animar aos que aínda non o coñecen.

As visitas gratuítas ao CITA serán previa inscrición, cun máximo de 25 participantes por sesión. Ademais, o concello ten previstas visitas guiadas nocturnas ás Torres Arcebispais, á muralla medieval e ao espazo arqueolóxico de Santa María durante o sábado 17 a partires das dez da noite. Para o domingo, está prevista a actuación da compañía de danza Maldita Danza, “Pasen e vexan”.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/15/dia_dos_museos_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/15/dia_dos_museos_pontevedra.mp4{/flowplayer}