Asinado o convenio para a construción da gardería de Porto do Son

    PORTO DO SON> A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, asinaron un convenio para a construción dunha escola infantil de 41 prazas nesa localidade. A obra suporá un investimento de 410.000 euros e a escola levantarase nunha parcela municipal situada na Rúa Campo Atalaia. Unha vez asinado o convenio, solicitarase a licenza para que os traballos poidan comezar nas próximas semanas. Con esta obra, o departamento autonómico continúa coa súa aposta pola conciliación da vida familiar e laboral. Así, ademáis do novo centro infantil de Porto do Son, hai unhas semanas comezaron as obras de construción dunha escola infantil no Concello de Boiro, que tamén contará con 41 prazas. Actualmente, a rede A Galiña azul oferta preto de 8.600 prazas públicas neste curso en toda Galicia, distribuídas nun total de 147 centros, unha cifra que supón máis de 3.100 prazas que as que existían en abril de 2009