Arranca o Festival Noites de Jazz de Rianxo

RIANXO> Esta noite arranca o Festival Noites de Jazz de Rianxo. Farao coa actuación do grupo EMR Ensemble na praza Rafael Dieste a partir das dez e media.

Rianxo vibrará estes días ó ritmo do jazz. Chega o festival Noites de Jazz, xa todo un clásico na programación de verán da vila rianxeira. Serán en total cinco actuacións. a primeira delas xa esta noite con EMR Ensable, combo da sección de jazz da propia Escola de Música de Rianxo.

Seguranlle nos vindeiros días ADN Cuarteto, David Lojo Cuartet, Menil & Amigos e Low Bay Hot Band. Todas as actuacións serán ás dez e media da noite na praza Rafael Dieste, agás a última que terá lugar o sábado á unha do mediodía na rúa de Abaixo.

Pero o festival non só serán concerto. Programáronse tamén diversas accións formativas con cursos de contrabaixo e baixo eléctrico, de trompeta ou trombón. Complétase a programación cunha mostra de pinturas de Delio Sánchez titulada Exposición New York Jazz no auditorio municipal que estará aberta ó público ata o vindeiro 17 de agosto.