Lousame promove o sendeirismo entre os seus veciños

LOUSAME> O concello de Lousame segue a apostar pola promoción da vida saudable entre os seus veciños cunha ampla oferta de actividades de lecer relacionadas co deporte. Alumnos e alumnas de secundaria do CPI Cernadas de Castro fixeron esta semana unha ruta de sendeirismo de 19,5 quilómetros entre o monte Iroite e da Curota. Unha viaxe na que foron guiados polo técnico de Deportes do Concello de Lousame, Germán Romero. Trátase dunha saída que os rapaces e rapazas do colexio adoitan facer no mes de maio e que desta ocasión tivo como escenario dous dos montes referencia na comarca, facendo un percorrido no que disfrutaron de grandes vistas paisaxísticas. Os rapaces saíron do monte Iroite, ata onde chegaron en autobús, e fixeron un percorrido ata o monte da Curota.