Instalan novas cámaras de videovixilancia no polígono de Xarás

    RIBEIRA> Operarios da empresa Sistemas de Seguridade A-1, SL, contratada no seu día para a creación dun circuíto pechado de televisión para velar pola seguridade no parque empresarial, iniciaron esta mañá a instalación dos novos dispositivos, tanto na rotonda de acceso ó polígono como na avenida Ramiro Carregal Rey, no contorno do matadoiro comarcal ou na estrada AC-550. A actuación supuxo un investimento de 107.024,50 euros. Cabe lembrar que as cámaras xa foran instaladas hai uns meses, pero debido a defectos de fabricación que provocaban que se empañasen con rapidez obrigou a substituilas. O circuíto de videovixilancia está formado por un total de sete domos móbiles día/noite, controlados e monotorizados dende a sede da Policía Local.