BOIRO> Os boirenses foron os claros dominadores dun encontro que rematou con empate a uns. Terceiro derbi consecutivo para o Boiro. Esta vez na casa. Nesta ocasión visitaba Barraña un dos equipos históricos galegos e tamén da 2ªB como é o Racing de Ferrol, que a estas alturas de tempada non está a pasar polo seu mellor momento. Despois das duras derrotas ante o Celta B e Pontevedra. Os de Fredi Álvarez saltaron ó terreo de xogo co obxectivo de levar o control do partido. E vaia se o fixeron. Nos primeiros minutos de xogo o dominio local era aplastante, chegando con rápidas combinacións á área rival. Neste tempo foron varias as ocasións nas botas de Jimmy, Marcos Álvarez ou Pedro Veda. O tanto local chegaría xa na primeira metade. Corría a media hora de xogo cando un erro na saída do balón dos ferroláns, fixo que Romay se plantara só diante da meta defendida por Paisa. O coruñés non fallou e enviou o esférico ó fondo das mallas. A partir dese momento o Racing tratou de buscar o empate. Foise arriba pero as ocasións claras de gol seguían senchegar. Foi ó pouco da volta do descanso, cando una xenialidade do ribeirense Joselu, nas filas dos ferroláns, acabou por establecer a igualada. O dianteiro, un dos mellores xogadores da categoría, aproveitou un rexeite para sacar un forte disparo que se colou por toda a escadra e ante o que non puido facer nada Pato Guillén. O tanto poñía as táboas no marcador. Non facía xustiza. Xa que o Boiro foi o claro dominador do choque. A partir de ahí os locais seguiron apretando na busca do tanto da vitoria, aínda que o resultado xa non se movería. O encontró de onte serviu ademáis para a volta de Adrián Armental a Barraña, agoranas filas do conxunto departamental. O xogador ribeirense recibiu tamén os aplausos da que durante moitos anos foi a súa afección no momento de ser susbtituído e abandonar o terreo de xogo. O Boiro segue en postos de descenso. Ocupa a décimo oitava praza na clasificación con dezasete puntos. Na próxima xornada renderá visita a un dos conxuntos históricos do fútbol nacional, como é o caso do Burgos. Polo que respecta ó resto de resultados de equipos galeos nesta categoría destacar unicamente a vitoria do Pontevedra por cero goles a dous ante a Arandina. O Coruxo empataba a uns co Burgos, mentres que Somozas e Celta B perdían os seus compromisos ante o Lealtad e o Caudal Deportivo, respectivamente. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/futbol_boiro-racingferrol1212161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/futbol_boiro-racingferrol121216.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia