O executivo sonense reabre o roupeiro municipal

    PORTODOSON> A súa nova localización é nos propios baixos da casa consistorial, no antigo local de Correos. As obras de derrube da ludoteca, hai varias semanas, provocaron o peche do roupeiro municipal. Nesas instalacións, en cuxo solar se construirá a futura gardería municipal, o concello sonense desenvolvía este servizo nos últimos cinco anos, da man da Asociación de Amas de Casa. A partir de mañá martes, volverá entrar en funcionamento nunha nova localización, neste casos nos baixos do propio concello, no antigo local de Correoso seu horario será os martes e xoves, de dez a doce da mañá. O roupeiro municipal sonense viña atendendo a unha media de 20 familias. dende o concello informaron tamén de que están a traballar na contratación dun orientados de emprego, coa finalidade de axudar tamén ás familias con menos recursos do municipio.