ABE convoca novamente eleccións á presidencia

    BOIRO> Ningún membro se postulou na convocatoria da semana pasada.

    A Asociación Boirense de Empresarios anunciou hoxe unha nova convocatoria de eleccións á presidencia da entidade, despois de que o primeiro proceso electoral non puidese realizarse debido a inexistencia de candidaturas. Aqueles interesados na presidencia deberán presentar por escrito a súa solicitude nas oficinas da ABE ata o vindeiro martes 3 de xuño. Rematado este prazo procederase a informar ós socios, os cales deberán elixir o 4 de xuño a persoa que dirixirá a patronal nos próximos anos. Este proceso débese ó anuncio do actual presidente, Carlos Rodríguez, de non volver presentarse á reelección.