Obradoiro de cociña con ingredientes da ría de Arousa

    PORTODOSON> As materias primas serán ofrecidas pola confraría de Portosín.

    O mar dará os ingredientes principais para este novo obradoiro de cociña que se impartirá no concello de Porto do Son. Da man de Diego Vinagre, todos os participantes aprenderán a elaborar pratos onde o peixe, as algas e os moluscos serán os protagonistas. Neste taller traballarase na elaboración de pratos tradicionais pero tamén se ensinarán novas técnicas, novos tipos de cocción e novos acompañamentos para sacarlle partido a unha cociña moito máis sofisticada e elaborada. O Concello de Porto do Son xa celebrou hai uns meses un taller de cociña centrado nas setas e nas castañas. O bo sabor de boca fai prever que este novo terá moi boa aceptación. O curso, que inaugurará o viveiro de empresas de Porto do Son, levarase a cabo o 3 e 4 de xuño e terá un custe de 20€. Aqueles interesados en anotarse poderán facelo a través da Oficina de Servizos Sociais do Concello.