![]()
SANTIAGO> A décima edición da regata Frinsa celebrarase o próximo 19 de xuño en augas da Ría de Arousa.
A regata Frinsa ten as súas orixes na regata Sálvora que se veu desenvolvendo durante anos ata que o arquipélago pasou a formar parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Daquela, Ramiro Carregal insistiu en continuar coa proba e trasladar a merenda mariñeira que tradicionalmente se viña facendo na illa ás instalacións da Frinsa en Xarás. Desputarase o día 19 de xullo e está prevista a participación de máis de cincuenta embarcacións.
A organización, dependente do Club Náutico ribeirense, o grupo conserveiro Frinsa e a federación galega de vela deseñou tres percorridos que se decidirán en función das condicións meteorolóxicas.
Trofeo Faro de Corrubedo
A gran afección do empresario polo mundo da vela levouno a fundar o Club Náutico de Ribeira, do que actualmente é presidente de honra, e a colaborar con diversas iniciativas promovidas polos clubes da zona, entre eles o de Portosín. En sinal de agradecemento polo seu labor, os dous clubes organizaron unha regata que leva o seu nome e que se desputará os días 26 e 27 de xuño.
A primeira xornada con saída dende Ribeira desenvolverase cunha ou días regatas barlovento sotavento. A segunda consistirá nunha costeira larga de 25 millas ata Portosín.
O pasado ano, o Club Náutico de Ribeira fíxose co trofeo Faro de Corrubedo despois de anos no club sonense polo que este ano a competitividade está servida.
Tralo acto de presentación de ámbalas dúas regatas, os asistentes desfrutar dun xantar no Hostal dos Reis Católicos.
Redacción Barbanza









