Membros de ‘Andaina Pro Saúde Mental’ coñecen os segredos de San Finx

    LOUSAME> Un grupo de integrantes da asociación sen ánimo de lucro ‘Andaina Pro Saúde Mental’ realizaron unha visita guiada ás minas de San Finx. Durante algo máis dunha hora, coñeceron a historia das minas e a súa evolución ao longo dos anos, facendo fincapé na importancia que a extracción de estaño e de wolframio tivo para a comarca dende finais do século XIX ata despois da Guerra Civil española. Así mesmo, coñeceron o traballo realizado polo concello para rehabilitar e poñer en valor o patrimonio da mina de San Finx. Andaina pro saúde mental’ é unha asociación sen ánimo de lucro, con sede social no concello de Oroso, que pretende colaborar na atención ás persoas que padecen trastorno mental e ás súas familias nas comarcas da área sanitaria de Compostela. Contan con preto dun centenar de socios e desenvolven as súas actividades no municipio de Dodro, onde levan traballando dende hai un ano.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí