O concello de Rianxo pon atrancos á instalación do circo Vienna Roller

    RIANXO> Na localidade existe un acordo plenario para declarar ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións. Estas imaxes poderían volver a producirse…o circo Vienna Roller ten programadas varias actuacións dende mañá ata o domingo en Rianxo. A pesar dos esforzos realizados dende o Concello, onde hai uns anos se aprobou por unanimidade de tódolos grupos unha moción na que se declara ó municipio libre de espectáculos e circos que inclúen animais nas súas funcións, pouco se poderá facer para impedir que poida desenvolver a súa actividade, ó instalarse nun espazo privado no polígono de Té. O rexedor rianxeiro vai máis alá ó sinalar que debera existir unha normativa xeral de carácter autonómico que regule este tipo de espectáculos ou que os propios donos dos circos reformulen as actividades con animais.