DODRO> As demandas da comunidade educativa non se limitan a Rianxo senón que outras ANPAS de toda a comarca xa manifestaron o seu malestar polos recortes de recursos.
É o caso do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro que este curso non conta con especialista de Audición e Linguaxe a pesar de que nas listas publicadas en xuño a praza figuraba como cuberta.
Non entenden esta decisión posto que as necesidades do alumnado do centro non mudaron con respecto ó pasado curso, con nenos que presentan problemas auditivos, de aprendizaxe e trastornos específicos de linguaxe.
Cualifican de improvisación que a Xunta pretenda cubrir esta praza co programa PROA posto que non se disporá dun profesional de forma inmediata nin a tempo completo polo que demandan un especialista de A.L. nas mesmas condicións que o curso pasado.