O Club de Remo Puebla apela a un entendemento entre Portos e concello para dispoñer de máis espazo

A POBRA> A falla de entendemento entre o concello da Pobra e Portos de Galicia está levando ó Club de Remo Puebla a unha situación insostible. A entidade está a facer uso dunha nave que Portos de Galicia cedeu ó concello. Sen embargo, o retraso na firma do convenio entre as dúas administracións implicará que o club terá que asumir o alugueiro.

A finais de 2019 e ante o incremento de nenos que se iniciaban no deporte do remo, o concello da Pobra cedeu o uso desta nave ó club de remo Puebla como complemento ás instalacións de que xa dispoñía no edificio de usos náuticos. A cesión era froito dun acordo con Portos de Galicia, titular das instalacións. Un acordo, que dous anos máis tarde non chegou a materializarse polo que o club comezou a recibir numerosos requirimentos para o pago do alugueiro como usuario das instalacións.

Fartos xa desta situación, os membros da directiva teñen previsto presentar a súa dimisión na asemblea ordinaria do mes de xaneiro se non se soluciona o problema.

Mentres tanto, o club segue á espera da ampliación da sede actual que daría solución ós problemas de espazo do club.

Na actualidade, o club conta con 150 licenzas non só en categorías base senón tamén con dúas traíñas, unha feminina e outra masculina, con grandes posibilidade sempre e cando conten cos medios e infraestruturas axeitadas para seguir medrando.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí