Medio Ambiente celebra o Día da Diversidade Biolóxica cun concurso fotográfico

GALICIA> Con motivo do Día Mundial da Diversidade Biolóxica, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convoca un consurso de fotografía dixital sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O lema seleccionado neste edición é ‘Unha ollada das túas illas’. Un dos requisitos para pode participar no concurso é que os fotógrafos, sexan aficionados ou profesionais, deberán ser maiores de 18 anos no momento de publicarse as bases do concurso. Establécense 5 categorías distintas para particpar: fauna, flora, paisaxe, etnografía e patrimonio, onde o elemento principal estea realacionado cunha actividade humán tradicional desenvolvida no Parque Nacional e, por último, medio marino. Tal e como se establecen nas bases do concurso cada participante poderá presentar unha única fotografía por categoría, e estas non puideron ser premiadas noutros concursos. Só existirá o formato dixital e admitiranse as fotografías en balnco e negro. As fotografías poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2014 e deberán enviarse por correo electrónico a fotografia.atlanticas@gmail.com xunto co formulario de inscrición debidamente cumprimentado. Outorgaranse dous premios por cada categoría, polo que serán 10 as fotografías premiadas, O primer premio consistirá nunha ruta dun día para o premiado e un acompañante polas Illas do Parque Nacional a bordo dunha embarcación tradicional. O segundo premio consistirá nun lote de publicacións sobre o Parque Nacional.