Xunta e Deputación acondicionarán a Grande Ruta do Medievo

A CORUÑA> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informaron esta mañá sobre as liñas básicas do convenio asinado recentemente entre ambas administracións. O acordo está baseado en tres eixos fundamentais, que pasan pola promoción do Camiño Inglés, a Rota do Medievo de San Andrés de Teixido, e o Turismo Industrial. A Xunta e a institución provincial investirán uns 97 mil euros na mellora integral e a sinalización da Ruta do Medievo, da que ademais editaranse dez mil folletos informativos. A través do acordo entre as dúas administracións instalaranse ata 54 puntos de código QR ao longo de todo o Camiño Inglés Cun investimento de máis de 55 mil euros, a Deputación mantén tamén a súa aposta polo Turismo Industrial e financiará un estudo para a creación de novas rutas e a formación de empresas susceptibles de participar nelas.