A Xunta revende a prezo de custo máis de 350.000 máscaras para pemes e autónomos na primeira semana

GALICIA> A Xunta revende a prezo de custo máis de 350.000 máscaras entre empesas e autónomos en tan só unha semana. O executivo galego tomou a decisión de facilitar este material de protección ante a súa escaseza no mercado. Esta mañá o vicepresidente da Xunta mantivo unha xuntanza telemática con representantes de clústeres e asociacións de empresarios para concretar como se vai levar a cabo a súa distribución.

En tan só unha semana, o plan da Xunta para revender  a prezo de custo máscaras a sectores produtivos que teñen dificultades para acceder a ese material tería distribuído unhas 350.000 unidades entre pequenas e medianas empresas. Esta mañá, o vicepresidente da xunta e o conselleiro de economía mantiveron unha xuntanza telemática con representantes de clústeres e asociacións de empresarios para detallar como será o sistema de distribución dese material.

Segundo detalla o vicepresidente, xa está en marcha un próximo envío. O obxectivo, repartir 900.000 máscaras nos próximos dous días.

Para Rueda, con esta medida estase dando resposta a unha tarefa fundamental nestes momentos, nos que, ademais, o mercado aínda está sen normalizar.

A semana que vén, a estimación da Xunta é chegar ós dous millóns de máscaras repartidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí