En Marea de Pontevedra propón remunicipalizar o servizo de augas

PONTEVEDRA> A Marea de Pontevedra propón prorrogar o contrato da auga para gañar tempo ante a posibilidade de que o servizo remate sendo competencia do concello e non dunha concesionaria. A edil non adscrita de Poio, Silvia Díaz, presentará unha moción no seu concello para buscar a posibilidade de “mancomunar” con Pontevedra o servizo de augas. A Marea de Pontevedra propón que se prorrogue a concesión do servizo de augas na cidade para estudar a posibilidade de remunicipalizar o servizo. Unha opción que xorde despois de que o portavoz do goberno anunciase que os pliegos para a licitación do servizo van a establecer unha duración de 20 anos. Unha duración, para os da Marea excesiva, polo que van a presentar alegacións. Xunto a Luís Rei compareceu a edil non adscrita de Poio, Silvia Díaz, quen a súa vez, presentará unha moción no seu concello para que se estude a posibilidade de “mancomunar” o servizo de augas. Para a Marea de Pontevedra, deste xeito, solucionaríanse diferentes problemas; universalizaríase o servizo, do que agora están excluídas casas da periferia do concello e permitiría a creación dunha tarificación adaptada que premiase o aforro de auga e penalizase aos que máis consumen.