Os veciños de Taramancos reclaman a construción dun paso soterrado

    NOIA> Como consecuencia da construción a variante de Noia, os habitantes do lugar de Taramancos veranse moi afectados pola eliminación dos nove pasos que comunican o aldea coas fincas e o acceso á praia. O proxecto de construción da variante só contempla a existencia dun acceso, que se está a executar na actualidade, e que os comunicará coas Curtiñas. A demanda veciñal céntrase agora en conseguir a construción dun paso soterrado seguindo a traza do Camiño Real, para ter acceso aos prados das Cruces, as Bouzas e outros, todos eles situados cara ao lugar de Boa , sen necesidade de ter que facer un percorrido de ida e volta que pode sumar os dous quilómetros. Recollendo as propostas do veciños, o equipo de goberno levará a pleno unha proposta para solicitar a construción dese paso soterrado manifestando o seu apoio ós habitantes de Taramancos.