Ribeira reforza a colaboración coas entidades sociais

RIBEIRA> O concello de Ribeira asinou os convenios de colaboración con sete entidades sociais que prestan servizo no municipio. Destaca este ano o incremento de asociacións e tamén da contía con 400 euros máis para cada unha delas.

Representantes de AMBAR, AMICOS, Cáritas, Cruz Vermella, Faiben. Renacer e A Creba asinaron esta mañá os protocolos de colaboración co concello de Ribeira para seguir a promover proxectos de carácter social centrados no apoio á diversidade, saúde mental,  prevención das drogodependencias e atención a familias vulnerables e á infancia.

Destaca este ano non só a incorporación de novas entidades senón tamén o incremento na dotación anual co obxectivo de dar cobertura ó maior número de necesidades.

A intención do goberno local é seguir incrementando a dotación orzamentaria en vindeiros anos co propósito de mellorar os servizos sociais e contribuír ó benestar da veciñanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí