Marta Blanes abandona a disciplina do Extrugasa

VILAGARCÍA> A xogadora madrileña deixa o club vilagarcián por motivos persoais. A decisión foi tomada de mutuo acordo coa directiva.

Marta Blanes deixou de ser xogadora do Extrugasa. Así o informou o club vilagarcián nun comunicado enviado ós medios esta mesma tarde no que confirman a marcha da aleiro madrileña. Segundo apuntan dende a directiva trátase dunha decisión tomada de xeito consensuado entre ambas partes e aducen motivos persoais, os que levaron á xogadora a tomar esta decisión.

O certo é que o seu rendemento deportivo comezaba a estar en entredito despois de varios partidos consecutivos con escasa ou nula aportación, sobre todo en ataque.

Dende o Extrugasa aseguran que non traerán ningunha outra xogadora para suplir esta baixa de última hora xa que cren que o traballo está feito, toda vez que as oito victorias que acumulan a día de hoxe poden ser máis que suficientes como para a acadar o obxectivo da temporada, que non é outro que a salvación.

Redacción Salnés