Sae a licitación a construción da depuradora de Tállara

    BARBANZA> O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, licita por 623.000 euros as obra de saneamento e depuración no lugar de Tállara. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas para esta actuacióm, cun prazo de execución de vinte meses, dispoñen ata o 23 de xuño para a formalización da mesma. O proxecto contempla a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais con capacidade para prestar servizo a 800 habitantes. Proxéctase tamén a demolición da depuradora actual e a execución dun colector que levará as augas residuais de Tállara á nova EDAR. Unha vez finalizado o proxecto, o concello de Lousame procederá á súa aprobación así como á posta a disposición dos terreos para a súa execución. tamén será a administración municipal a encargada da explotación, mantemento e conservación. O documento xa foi exposto ao trámite de información pública durante un prazo de 30 días e nese tempo non se recibiron alegacións ou reclamacións ao proxecto.