BOIRO > Os veciños do núcleo de Cimadevila en Boiro veñen de denunciar o incremento de roubos e actos delictivos derivados da presenza de toxicómanos na zona. Os residentes reclaman maior vixilancia policial para evitar que o problema vaia en aumento xa que, polo momento, tan só se rexistraron roubos a pequena escala.
Dende hai tempo os veciños do núcleo de Cimadevila en Boiro viven con certo temor debido ó incremento de toxicómanos que frecuentan a zona.
A raíz da presenza destas persoas, que pernoctan nunha cabaña situada nunha finca próxima, rexistrouse un aumento dos roubos na veciñanza polo cal os residentes reclaman maior vixilancia policial na zona.
A maior parte dos residentes neste núcleo boirés son reticentes a saír diante das cámaras para denunciar esta situación por medo a posibles represalias, alegando que debe se-lo concello o que tome cartas no asunto para solucionar este grave problema.
Parece ser que agora e ante a insistencia dos propios veciños o executivo boirés vai incrementa-la vixilancia na zona, ordeando xa o desaloxando dos toxicómanos dese lugar.
Redacción Barbanza