Escaseza de marisco na volta ós areais dos mariscadores noieses

NOIA> Os mariscadores de Noia volveron esta mañá a traballar nas autorizacións da confraría. O resultado nesta primeira xornada apunta ó pesimismo ante a escaseza de marisco, agravada polas chuvias das últimas semanas.

Cumpríronse as malas expectativas e a volta ó traballo dos mariscadores de Noia constatou a escaseza de recurso, especialmente de berberecho.

Xa partían dun mal escenario cando botaron o peche trala campaña de Nadal que se veu agravado pola mortaldade do marisco ante a abundancia de auga doce.

Dende a confraría confían en poder seguir a traballar un mes para estirar o que queda de campaña.

A mediados de marzo botará o peche unha das peores campañas que recorda o pósito noiés baixada pola escaseza de recurso, a caída da demanda e a baixada dos prezos por mor da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí