Maneiro, novo candidato socialista á alcaldía de Boiro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/26/maneirocandidatopsoeboiro2605141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/26/maneirocandidatopsoeboiro260514.mp4{/flowplayer}

    BOIRO> O actual patrón maior da Pobra do Caramiñal foi presentado na sede do partido.

    O PSOE boirense presentou hoxe ó seu cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais. O elixido foi Manuel Maneiro, actual patrón da Pobra do Caramiñal e militante socialista desde o ano 2002. Maneiro, veciño da parroquia de Lampón, asegurou que a decisión foi amplamente madurada e que afronta esta nova etapa con ilusión. Para executar este acordo foron necesarios tres meses de negociacións internas e incluso se chegou a barallar outro candidato, pero o peso das opinións de Maneiro e a afinidade ideolóxica con gran parte do partido determinou a decisión. O secretario xeral do PSOE de Boiro, Jorge Campaña, asegurou que a nova foi moi ben recibida na casa dos socialistas. Maneiro, que deixará o seu cargo de patrón proximamente, sumarase a este proxecto para traballar conxuntamente polo ben do pobo boirense.