Boiro inclúe a casa da cultura e As Colonias no Plan de Rehabilitación de Edificios Públicos

BOIRO> O concello de Boiro acometerá a reforma integral da Casa da Cultura e o edificio das Colonias. Os dous proxectos financiaranse con cargo ás subvencións enmarcadas no Plan de Impulso do Goberno Central á Rehabilitación de Edificos Públicos.

Trátase de dous edificios públicos que precisan dunha rehabilitación urxente. O executivo está a ultimar xa a redacción dos proxectos para concorrer á convocatoria das axudas que poderán xestionar a través da oficina Next Deputación habliitada pola Adminsitración Provincial para dar apoio técnico ós concellos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí