Os ‘Sete Falares’ volven a Pontevedra con historias do mundo

PONTEVEDRA> A terceira edición de “Sete Falares” volve a Pontevedra. A cidade prepara un ano máis este encontro internacional de contadores de historias, que busca encher algúns dos seus puntos máis emblemáticos de contos e verbas chegados doutros lugares e épocas. Unha proposta orixinal que se celebrará os días 6, 7 e 8 de xuño.

 

Es dos que pensan que os contos son só para os nenos? Pois Pontevedra quere facerche cambiar de opinión con “Sete Falares”, o encontro internacional de contadores de historias.

Durante os días 6, 7 e 8 de xuño, o Pazo de Mugartegui, o Teatro Principal, a Casa das Campás, o CITA ou a Casa da Luz, serán portas a outros lugares, grazas ás narracións de contadores recoñecidos a nivel mundial.

O programa tamén inclúe tres citas especiais: a entrega do premio do certame “Cociña de contos, Europa á carta” a Soledad Felloza, “Contos no meio do mar”, unha ruta en barco amenizada polas historias de Avelino González, e o percorrido “Ruta de historias por Pontevedra”.

A cita clausurarase o domingo ás 8 e media da tarde cunha sesión colectiva na que participarán todos os contadores. Agás este acto e a viaxe en barco, todas as actividades son de balde.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/26/sete_falares_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/26/sete_falares_pontevedra.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí