Pontevedra aposta polo Camiño Portugués cunha Mesa de Traballo permanente

PONTEVEDRA> Pontevedra aposta polo Camiño Portugués. A Deputación, Turismo e os 12 concellos polos que pasa esta ruta cara Santiago constituíron esta mañá unha mesa de traballo permanente para potenciala. Un obxectivo para o que se porán en marcha plans de accesibilidade, de limpeza, de sinalización e de seguridade viaria.

 

Potenciar o Camiño Portugués é o obxectivo da mesa de traballo permanente constituída esta mañá, que nace coa intención de manter unha media de tres xuntanzas ao ano.

Hoxe estiveron presentes os 12 concellos polos que pasa a ruta, a Deputación de Pontevedra, Turismo e a Asociación de Amigos do Camiño Portugués. Pero á mesa tamén se unirán o xefe provincial de Patrimonio e representantes da iniciativa privada.

A intención é que a ruta xacobea estea a altura que merece. Durante o 2013, 50 mil peregrinos escollérona para chegar a Santiago; un 52% deles, estranxeiros. Para que siga medrando, hoxe se acordou a posta en marcha de varios plans: accesibilidade, limpeza, sinalización e seguridade viaria.

Unha consultora encargarase da elaboración destes plans, que poderán estar listos nun prazo de dous meses. Neste tempo a mesa volverá a reunirse para deseñar a súa execución.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/27/reunion_turismo_camino_portugues.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/27/reunion_turismo_camino_portugues.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí