O Grove sucumbirá un ano máis ao Desembarco Pirata

    O GROVE> Por terceiro ano, os piratas tomarán O Grove durante unha fin de semana. Emgrobes xa prepara o Desembarco Pirata para os días 13, 14 e 15 de xuño, unha cita cargada de actividades coa que buscan prolongar a tempada turística na vila.

     

    Na fin de semana do 13 ao 15 de xuño, O Grove sucumbirá á piratería. Hostaleiros e comerciantes xa teñen todo listo para a terceira edición do Desembarco Pirata.

    O cine, xogos populares, o maratón fotográfico, o mercado pirata ou a busca do tesouro para nenos e adultos, repiten este ano no programa. Pero inclúense novidades como un bautismo de hípica ou a Noite de Compras Pirata, cando os comercios abran as súas portas ata media noite con importantes descontos.

    Tanto o sábado como o domingo, as 18.30 resérvanse para a representación do Desembarco Pirata, o eixo central de todo o programa.

    Ademais, os establecementos mecos preparan festas e actividades para completar o programa desta edición, na que a organización agarda superar os 15 mil visitantes que se rexistraron no 2013.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/27/ptac_desembarco_pirata.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/27/ptac_desembarco_pirata.mp4{/flowplayer}