Silva e Lores piden máis exactitude na comarcalización que anuncian dende a Xunta

Pontevedra> A Presidenta da Deputación e alcalde de Pontevedra falaron esta mañá, unha vez máis, sobre a comarcalización dos parque de bombeiros en Galicia. A presidenta volveu a repetir que non ía a falar de investimentos nesta materia ata que teña diante o proxecto que a Xunta quere levar a cabo. O alcalde, pola súa banda, dixo que están abertos a este proceso sempre e cando non vaia en detrimento do servizo que se presta na cidade nin supoña cartos para o concello. A comarcalización dos parques de bombeiros de Galicia saíu unha vez máis a palestra. Esta mañá a presidenta da deputación volveu a dicir que ela non ia a posicionarse nin falar de investimentos ata que a Xunta de Galicia lle presente un proxecto claro e conciso do que realmente queren facer con este importante servizo. Pola súa banda o alcalde da cidade lembrou que se leva falando moitos anos desta comarcalización pero que os feitos son os que son, e de momento non hai ningún movemento. En todo caso, Lores dixo que están abertos a dialogar e a chegar a un entendemento nesta materia. Concello de Pontevedra e Deputación insisten en que a Xunta debe ser máis precisa e presentar un proxecto serio e rigoroso en relación a esta comarcalización.