PONTEVEDRA> Se onte coñecíamos as valoracións do PP e do BNG sobre os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2015; hoxe sabemos que o PSOE vai a presentar unha emenda á totalidade desta previsión de gasto por entendelos como electoralistas e cheos de trampas e mentiras.
As deputadas socialistas Carme Gallego e Patricia Vilán fixeron hoxe unha valoración dos orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2015, sobre o que xa anunciaron unha emenda á totalidade e logo varias emendas comarcalizadas. Aseguran as deputadas do PSOE que baixa a inversión no emprego e aumenta a débeda pública, en contra do que se lle quere facer crer á poboación; co que non axudarán á cidadanía á saír da crise. Na comarca da Arousa salientan a non aparición dunha partida específica relativa ás obras de ampliación do Hospital do Salnés nos propios orzamentos; e tampouco hai axudas para outras instalacións sanitarias. Como advertían onte desde o BNG, dá igual o que se orzamento ano tras ano, se logo non hai intención de levar esas inversións á práctica como pasou co Hospital do Salnés. Unha infraestructura que corre o risco de perder os Fondos FEDER que o sufragan se non se rematan as obras antes de finais do vindeiro ano. Tamén o PSdeG amosou a súa desconformidade ca lei de medidas administrativas e fiscais que acompañan os orzamentos galegos do vindeiro ano e que será aprobada polo procedemento de urxencia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/22/deputadas_psoe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/22/orzamentos_psoe_pontevedra.mp4{/flowplayer}