Arousa Norte repite experiencia cos ‘Vermús Musicais’

BARBANZA> Por terceiro verán consecutivo a Mancomunidade ofertará os domingos, nos aperitivos, música en directo ó aire libre nos catro concellos que conforman a entidade. Durante todos os domingos de agosto, e incluíndo tamén o primeiro domingo de setembro, a mancomunidade Arousa Norte  volverá a ofertar os ‘Vermús Musicais’ Unha iniciativa xa consolidade que por terceiro ano consecutivo permitirá a veciños e visitantes poder disfrutar de música en directo ó aire libre ao mediodía nos catro concellos. A actividade promovida por Arousa Norte e A Pousada Produccións traerá á comarca a un total de dez grupos e solistas da talla de The Groovy Dogs, Tanxugueiras ou Blackstereo, entre outros. Grupos e solistas como a pianista Aida Saco Beiroa. A rianxeira ofrecía no marco incomparable de Setefogas un pequeno concerto do que poderá verse este agosto nos ‘Vermús Musicais’ de Arousa Norte. A iniciativa arrancará xa este próximo domingo.