Malestar no PP por non seren convidados á homenaxe a Díaz de Rábago

POBRA> Os populares criticaron as formas empregadas polo equipo de goberno, segundo eles, unha vez máis inxustificadas.

O PP mostrou o seu malestar co executivo por non ter sido convidado á homenaxe tributada o pasado luns ó misioneiro Andrés Díaz de Rábago. Segundo os populares trátase dunha falla de respecto, non só cara eles e o resto de veciños que, dalgún xeito querían estar presentes na recepción, senon tamén para o propio homenaxeado.

Para o PP trátase dunha nova mostra do emprego particular e partidista das institucións municipais por parte do goberno local formado por Nós Pobra e Partido Socialista.