Cláusulas abusivas

    BARBANZA> A Plataforma ‘Stop Desafiuzamentos mostrou a súa satisfacción por un éxito legal, grazas ó traballo profesional polo colaborador da entidade, o auditor de contas, Julio César Calvo, e a avogada María del Carmen Fachado, na defensa dunha familia da Pobra do Caramiñal nun procedemento de reclamación de cantidade, que tramita o Xulgado Número 3 de Ribeira, pola formalización dun préstamo, por parte do Banco Popular Español. No auto ditado por este Xulgado acordou estimarse parcialmente a oposición presentada ó considerar abusivas as cláusulas do contrato do préstamo. Ó ser unha estimación parcial, nos vindeiros días, o banco poderá interpoñer o correspondente recurso de apelación. Un trámite que dende a propia Plataforma agárdase conseguir que non siga adiante.