Ribeira presenta ‘Xuño da Cultura e das Artes’

    RIBEIRA> O proxecto representará o traballo cultural de asociacións e entidades de toda a vila.

    Xa é o terceiro ano consecutivo que se realiza este ambicioso proxecto cultural na vila de Ribeira. Parecía difícil superar o repleto calendario do 2013, pero nesta edición reúnense 239 actividades para goce de grandes e pequenos. Do 1 o 30 de xuño, a cultura impregnará cada recuncho do concello ribeirense. Que isto se faga realidade é grazas a colaboración das 52 asociacións participantes e ós 20 departamentos municipais. A concelleira de cultura, arroupada por parte do equipo de goberno, quixo agradecer o traballo conxunto de todos e en especial o das concellerías de turismo, deporte, educación e xuventude. Despois de varias solicitudes por parte dos veciños, este ano incorporarase á web do concello un calendario que conterá o programa completo de actividades. A Copa Sálvora de Fútbol Base será a encargada de abrir as portas deste macroevento.