Avanzan a bo ritmo as obras de remodelación da lonxa de Testal

NOIA> A reforma da lonxa noiesa de Testal, financiada integramente pola Consellería do Mar, permitirá unha notable mellora das condicións de traballo dos profesionais. Ademais da impermeabilización e mellora da cuberta, reorganizarase o espazo interior e instalaranse sumidoiros para facilitar o desaugue no proceso de limpeza.

O proxecto contempla tamén a instalación dunha grada para que os visitantes poidan contemplar o proceso de clasificación na lonxa, convertido esta actividade profesional nun recurso turístico.

Se os traballos avanzan segundo o previsto, a lonxa volverá estar operativa a principios de setembro para o arranque da campaña marisqueira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí