Noia acollerá este Nadal un festival solidario de zumba en favor de ASGPOH

NOIA>  A cita, que vai celebrarse o  domingo 26 de decembro, está organizada pola asociación cultural Kitis Katis en colaboración coa concellería de Deportes.

Noia vai celebrar un Festival de Nadal Benéfico de zumba o domingo 26 de decembro organizado pola asociación cultural Kitis Katis, en colaboración coa concellería de Deportes.

Será no pavillón Alonso Rodríguez, ás sete e media da tarde. O recadado a través das entradas e a venda de rifas dun sorteo que se realizará durante o festival irá a beneficio da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

Dende a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva agradeceron o xesto, que contribuirá a seguir investigando sobre esta enfermidade.

Ademais a organización do festival habilitará tamén unha fila 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa compra da entrada, pero que non poidan asistir ó evento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí