O Xacobeo enche de oferta cultural o verán dos municipios do Camiño

PONTEVEDRA> O oitavo Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela enche de contido cultural os municipios galegos. A Xunta desenvolverá ata setembro o programa “Cultura no Camiño 2014”, que ofrecerá ao público de 22 municipios pontevedreses preto de 90 concertos e actuacións. 

 

Teatro, maxia, novo circo, danza e concertos. Ata 88 actividades culturais pasarán por 22 concellos das rutas xacobeas de toda a provincia, incluíndo a do Mar de Arousa e Río Ulla.

Máis de 30 destas actividades celebraranse en Pontevedra e nos concellos do Salnés. Todas están incluídas no programa “Cultura no Camiño 2014”, que conmemora o oitavo Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Pontevedra.

Este ano a provincia incrementou a súa representación nesta iniciativa. No mes de outubro de 2013, foron 14 os municipios que participaron, acollendo 23 citas escénicas e musicais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/actividades_xacobeo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/actividades_xacobeo.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí